4 oct. 2010

Significado do nome da asociación

Mámoa é un termo, entre outros, que se aplica en Galiza e Portugal aos túmulos funerarios prehistóricos (dólmens) erexidos hai 6.000 anos. O termo mámoa designa a identificación que popularmente fixo a tradición relativa á forma destes túmulos coas mamas das mulleres. Asemade, a mitoloxía galaica explica que a realización destas mámoas débese a mulleres mitolóxicas; as “mouras” (como a representada no noso anagrama), estas portaban as xigantescas pedras do dolmen na cabeza cando voaban, ao tempo que fiaban na roca e amamantaban a un meniño no colo. A mitoloxía relata tamén lendas sobre meniños amantados por estas mouras e viceversa, fillos das mouras aleitados por mulleres mortais escollidas por elas. Isto evidencia a importancia e fonda raigame cultural da lactación natural en Galiza.
(Do arquivo de Mámoa, Asociación galega pro-lactación materna)