19 dic. 2011

Actividades fedelgama. Festa de Nadal en Cangas

Chuchamel organiza unha FESTA DE NADAL para o vindeiro mércores 28 de decembro.

16:30 h. Proxección do documental BEBÉS. Salón de Plenos do Concello de Cangas.

18:00 h. Merenda con todos os asistentes e visita de Papa Noel, que chegará cargado de agasallos para os máis pequenos.
 http://apoioalactanciachuchamel.blogspot.com/2011/12/fiesta-de-navidad.html

4 dic. 2011

Lactación materna. Recomendacións.



Recomendacións:

* Iniciar precozmente a lactación: despois do parto, no momento en que a nai e o bebé estean preparados.

* Dar o peito sempre que o bebé demándeo, sen horarios estritos:?Canto máis lle deas, máis leite terás?.

* Os chupetes e as tetinas dificultan a aprendizaxe. Recoméndase non utilizalos ata que a lactación estea ben instaurada.

* Recoméndase a lactación materna exclusiva ata os 6 meses e continuar dando o peito con outros alimentos ata os 2 anos ou máis (Organización Mundial da Saúde).

* Non é necesario dar dos dous peitos en cada toma.

* A ducha diaria é suficiente para manter a hixiene dos peitos.

* Non é necesario que a nai cambie a forma para comer, pode ter máis fame ou máis sede.

22 nov. 2011

Charla de Adolfo Gomez Papi

Temos o pracer de convidarvos á charla do 25 de Novembro do presente ano, de Adolfo Gómez Papí, Pediatra, Coordinador Comisión de Lactación Materno do Hospital Juan XXIII. Promotor Método Madre Canguro. Membro do Comité de Lactanción Materno da Asociación Española de Pediatría e do Grupo de Traballo de Formación da Iniciativa para a Humanización da Asistencia ao Nacemento e o Lactanción
(antes Iniciativa Hospital Amigo dos Nenos, IHAN).
Colaborador na edición de Lactanción Materno: "Guía para profesionais" (2004), editado polo Comité de
Lactanción Materno da Asociación Española de Pediatría, e o mais recente Manual de Lactanción Materno.
"Da Teoría á Práctica" (2008), editado pola Asociación Española de Pediatría.
Agardamos seña do voso interese.

8 nov. 2011

Taller de crianza y apego

Taller de Crianza
Información: actividades@saraibasaludintegral.es

26 oct. 2011

Curso Técnicas de Comunicación e Relación de axuda

Información  sobre o curso que estamos a organizar dende Mámoa. Agardamos que sexa do voso interese. Curso de Técnicas de comunicación e Relación de axuda. Descarga o diptico   https://docs.google.com/viewer?a=v&pid=explorer&chrome=true&srcid=0Bx1k7ng9JNOoNmQxN2JlNWYtZjNmOS00NTFhLWFlMzQtM2I3OWFmMzBiZTI1&hl=es
Información bibifernandezlema@gmail.com
Concha López 685105911

11 oct. 2011

Xornada Técnica sobre Lactación Materna




Xornada Técnica sobre lactación materna: Sabado 15 de Outubro de 10 hs a 14 hs
Fundación NovaCaixagalicia-Claudio San Martín, Santiago de Compostela
Programa: 10 hs a 11 y 30 hs: A perda de peso excesiva no recén nado, hipoglucemia, desidratación
12 hs a 13 hs: O llanto. Bebé que se nega a mamar. Refluxo.
13 y 30 a 14 hs: Preguntas
Poñente: José Manuel Martín Morales, Licenciado en Mediciña e Ciruxía, Especialista en Pediatría na F.P.H. do Barbanza e membro do Comité de Lactación Materna da Asociación Española de Pediatría.
Lugar de celebración: sala de conferencias da Sede da Fundación Novacaixagalicia-Claudio San Martín  en Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19).
Notas:
-       A formación está dirixida a asesores en lactación materna pero tamén está aberto a nais e pais interesadas/os.
-       Por problemas de espazo, recomendamos que se acuden bebés veñan sen carriño.
Organiza: Mámoa Asociación Galega pro-lactación materna
                 mamoalactancia@gmail.com









23 sept. 2011

Seminario de lactación materna en Vigo

A cargo do Dr. Carlos González, pediatra e autor de varios libros sobre lactación e crianza.
Xoves 29 de Setembro, de 10 a 14 horas, no Colexio de Enfermería de Vigo.
Dirixido a profesionais sanitarios.
Organiza: Pinga Doce, grupo de Apoio á Lactación materna (Tui).

Programa
  • Anatomía e fisioloxía da lactancia
  • Importancia da posición ao amamantar
  • Frenillo sublingual
  • Interpretación das curvas de crecemento
  • Fármacos e lactancia

Máis información: acal@mundo-r.com

16 sept. 2011

Invitación de Chuchamel


A asociación Chuchamel informa de que o mércores 28 de setembro, o pediatra Carlos González estará no auditorio municipal de Cangas dando unha charla sobre As necesidades afectivas de nenas e nenos.  Será ás 18.30 h. e haberá servizo de gardería a cargo da escola Caracol, nunha sala do auditorio cercana ao salón de actos. As prazas da gardería son limitadas, polo que é preciso reservar mediante correo electrónico (asociacionlactanciachuchamel@gmail.com), indicando nome e idades.

O Dr. Carlos González, estará ao día seguinte (29/09/2011) no auditorio de Goian (Tomiño), ás 18:00 horas, para falar sobre Por que non comen os nenos. Haberá tamén servizo de gardería.

15 sept. 2011

Xuntanza hoxe en Compostela

Como cada xoves, esta tarde xuntarémonos en Compostela no horario habitual (17:30-21:00). En vista do bo tempo verémonos unha vez máis nas hortas do parque de Belvís, xa sabedes, na parte máis achegada ao parque infantil, subindo por detrás do aparcadoiro municipal (mellor explicado nestoutra entrada).

12 sept. 2011

Xornadas de Saúde Perinatal

Estas xornadas pretenden ser un punto de encontro para profesionais e organizacións que teñen en común o interese por mellorar a saúde perinatal.
Ligazón http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=50064

1 jun. 2011

Reunión xoves 2 de xunio

Este xoves é festivo en Santiago e non abre o CSC A Trisca, así que non terá lugar a reunión habitual do grupo. Retomaremos a vindeira semana. Lembrádevos que podedes chamar por teléfono se precisades algo.
O noso enderezo electrónico: mamoalactancia@gmail.com

12 abr. 2011

Do noso "Mámoa" naceu "Teta e Coliño"

Do noso Mámoa naceu Teta e Coliño o novo grupo de apoio á lactación materna no Milladoiro. Reunións os Martes de 16hs a 17 y 30 hs. Grazas Mámoa!!!!!
http://www.tetaecolo.blogspot.com/

14 mar. 2011

A maternidade (II). Café da memoria

O Museo do Pobo Galego organiza
Xoves 17, 18:00h.
Este 17 de marzo organízase, desde o Museo do Pobo Galego, unha segunda edición do Café da Memoria sobre a Maternidade, do que xa se fixera un primeiro en marzo de 2010. Gustaríanos convidarvos e contar coa vosa presenza unha vez máis. Será, ás 18 horas, na sala de exposicións temporais do Museo. Co gallo desta convocatoria, suspéndese a xuntanza semanal de Santiago de Compostela na Trisca. Animádevos a participar no Café da Memoria cos bebés.

Café da memoria: A maternidade II
O programa Café da Memoria é un xeito de achegármonos ás experiencias dos nosos maiores. A nenez e a mocidade, o traballo, as celebracións, o amor, a vivencia da morte, a introdución da tecnoloxía no campo e no ámbito doméstico, como sentiron os cambios das últimas décadas… Relatos que nos poden axudar a interpretar o mundo no que vivimos. Un encontro que conta coa xenerosidade de particulares e colectivos que participan para traballar co galego oral, coa recuperación dun modelo de expresión e de comunicación que nos mostra a riqueza e variedade da nosa lingua. O interese que espertou o tema e as cousas que quedaron por falar lévanos a
celebrar, un ano despois do primeiro café dedicado á maternidade, esta segunda
sesión.



O Museo inaugura unha nova actividade, encamiñada a dar a coñecer pezas destacadas do fondo do Museo, que non se exhiben habitualmente nas salas permenentes, mediante un tratamento expositivo singular ao longo dun período determinado.

Nesta ocasión, para encadrar a nova actividade no programa do
mes de marzo, elixiuse o tiraleite, un obxecto de olaría de Gun-
divós utilizado na crianza dos lactantes.                                                                                                   Sacaleite 

13 feb. 2011

Asamblea Xeral Mamoa



Asamblea Xeral Mamoa febrero 2011. Asociación galega pró-lactación materna

12 feb. 2011

Fedelgama. Apoio á lactación materna.



Achuchar, BBTTA, Bico de leite, Chuchamel, Deleite, Mámoa, Coliño, Criando, Pinga Doce e A Peito son e forman
FEDEGALMA.

O noso primero encontro tivo lugar en Santiago no ano 2006, xusto un ano antes de federarnos. Desa xuntanza saíron un completo listado de reinvindicacións, que trouxeron un primeiro gran éxito, conseguimos a retirada da orde pola que se regulaba a doazón de leites artificiais a familias numerosas e partos múltiples, que vulneraba a lexislación vixente e o Código Internacional de Comercialización de Sucedáneos de Leite Materno.

Pero as necesidades dos grupos seguían e seguen a ser moitas porque funcionamos grazas ó traballo voluntario e altruista das nais. Ese apoio desinteresado entre nais é a esencia dos grupos e fixo imprescindible a creación dunha Federación que as respalde perante as distintas institucións, faga máis doada a súa laboura e favoreza o intercambio e as relacións entre os grupos das catro provincias galegas.

O 29/09/07 tivo lugar a Asemblea Constitutiva de FEDEGALMA cos 10 grupos existentes ata esa data, e comezou unha andaina chea de proxectos e colaboracións que intentaremos presentar nesta paxina, agardando contaxiar as ilusións que temos as persoas que formamos parte dos grupos da Federación, normalizar a lactancia materna na sociedade galega, a defensa dunha parte das nosas vidas e o dereito dos nosos nenos e nenas á lactación materna.

31 ene. 2011


Reivindicar a principal función do peito...

Chámame a atención unha curiosa iniciativa dunha tenda valenciana, que dun xeito diferente, trata de promocionar a lactación materna dándolle a máxima visibilidade posible dentro dun espazo comercial.


Aquí en Galicia, son algúns os centros comerciais que instalan nos seus espazos lugares para a lactación. Pareceme nun principio unha boa acción por parte da xerencia do centro comercial en cuestión, que habilita un dos seus locais como sala de lactación, con sofás para as mamis que dean tetola, con aparatillos para quentar biberóns, cambiar cueiros, etc, etc... Pero por outro lado, por qué é preciso un lugar concreto para dar o peito?. Realmente lle molesta a alguén? Hai mamis con vergoña que precisan non facelo en público?... Toda muller que apostou por unha lactancia natural, sufriu nalgún momento comentarios, miradas e ata críticas por parte da xente que observa "atónita" como un bebé ou non tan bebé toma tetola da súa mami... e pregúntome eu... realmente esta xente pensou algunha vez para que sirve o peito?

Así que ole! pola tenda valenciana que aposta por darlle visibilidade a principal función do peito...

María