31 ene. 2011


Reivindicar a principal función do peito...

Chámame a atención unha curiosa iniciativa dunha tenda valenciana, que dun xeito diferente, trata de promocionar a lactación materna dándolle a máxima visibilidade posible dentro dun espazo comercial.


Aquí en Galicia, son algúns os centros comerciais que instalan nos seus espazos lugares para a lactación. Pareceme nun principio unha boa acción por parte da xerencia do centro comercial en cuestión, que habilita un dos seus locais como sala de lactación, con sofás para as mamis que dean tetola, con aparatillos para quentar biberóns, cambiar cueiros, etc, etc... Pero por outro lado, por qué é preciso un lugar concreto para dar o peito?. Realmente lle molesta a alguén? Hai mamis con vergoña que precisan non facelo en público?... Toda muller que apostou por unha lactancia natural, sufriu nalgún momento comentarios, miradas e ata críticas por parte da xente que observa "atónita" como un bebé ou non tan bebé toma tetola da súa mami... e pregúntome eu... realmente esta xente pensou algunha vez para que sirve o peito?

Así que ole! pola tenda valenciana que aposta por darlle visibilidade a principal función do peito...

María

No hay comentarios: