13 feb. 2011

Asamblea Xeral Mamoa



Asamblea Xeral Mamoa febrero 2011. Asociación galega pró-lactación materna

12 feb. 2011

Fedelgama. Apoio á lactación materna.



Achuchar, BBTTA, Bico de leite, Chuchamel, Deleite, Mámoa, Coliño, Criando, Pinga Doce e A Peito son e forman
FEDEGALMA.

O noso primero encontro tivo lugar en Santiago no ano 2006, xusto un ano antes de federarnos. Desa xuntanza saíron un completo listado de reinvindicacións, que trouxeron un primeiro gran éxito, conseguimos a retirada da orde pola que se regulaba a doazón de leites artificiais a familias numerosas e partos múltiples, que vulneraba a lexislación vixente e o Código Internacional de Comercialización de Sucedáneos de Leite Materno.

Pero as necesidades dos grupos seguían e seguen a ser moitas porque funcionamos grazas ó traballo voluntario e altruista das nais. Ese apoio desinteresado entre nais é a esencia dos grupos e fixo imprescindible a creación dunha Federación que as respalde perante as distintas institucións, faga máis doada a súa laboura e favoreza o intercambio e as relacións entre os grupos das catro provincias galegas.

O 29/09/07 tivo lugar a Asemblea Constitutiva de FEDEGALMA cos 10 grupos existentes ata esa data, e comezou unha andaina chea de proxectos e colaboracións que intentaremos presentar nesta paxina, agardando contaxiar as ilusións que temos as persoas que formamos parte dos grupos da Federación, normalizar a lactancia materna na sociedade galega, a defensa dunha parte das nosas vidas e o dereito dos nosos nenos e nenas á lactación materna.