14 mar. 2011

A maternidade (II). Café da memoria

O Museo do Pobo Galego organiza
Xoves 17, 18:00h.
Este 17 de marzo organízase, desde o Museo do Pobo Galego, unha segunda edición do Café da Memoria sobre a Maternidade, do que xa se fixera un primeiro en marzo de 2010. Gustaríanos convidarvos e contar coa vosa presenza unha vez máis. Será, ás 18 horas, na sala de exposicións temporais do Museo. Co gallo desta convocatoria, suspéndese a xuntanza semanal de Santiago de Compostela na Trisca. Animádevos a participar no Café da Memoria cos bebés.

Café da memoria: A maternidade II
O programa Café da Memoria é un xeito de achegármonos ás experiencias dos nosos maiores. A nenez e a mocidade, o traballo, as celebracións, o amor, a vivencia da morte, a introdución da tecnoloxía no campo e no ámbito doméstico, como sentiron os cambios das últimas décadas… Relatos que nos poden axudar a interpretar o mundo no que vivimos. Un encontro que conta coa xenerosidade de particulares e colectivos que participan para traballar co galego oral, coa recuperación dun modelo de expresión e de comunicación que nos mostra a riqueza e variedade da nosa lingua. O interese que espertou o tema e as cousas que quedaron por falar lévanos a
celebrar, un ano despois do primeiro café dedicado á maternidade, esta segunda
sesión.



O Museo inaugura unha nova actividade, encamiñada a dar a coñecer pezas destacadas do fondo do Museo, que non se exhiben habitualmente nas salas permenentes, mediante un tratamento expositivo singular ao longo dun período determinado.

Nesta ocasión, para encadrar a nova actividade no programa do
mes de marzo, elixiuse o tiraleite, un obxecto de olaría de Gun-
divós utilizado na crianza dos lactantes.                                                                                                   Sacaleite