23 sept. 2011

Seminario de lactación materna en Vigo

A cargo do Dr. Carlos González, pediatra e autor de varios libros sobre lactación e crianza.
Xoves 29 de Setembro, de 10 a 14 horas, no Colexio de Enfermería de Vigo.
Dirixido a profesionais sanitarios.
Organiza: Pinga Doce, grupo de Apoio á Lactación materna (Tui).

Programa
  • Anatomía e fisioloxía da lactancia
  • Importancia da posición ao amamantar
  • Frenillo sublingual
  • Interpretación das curvas de crecemento
  • Fármacos e lactancia

Máis información: acal@mundo-r.com

16 sept. 2011

Invitación de Chuchamel


A asociación Chuchamel informa de que o mércores 28 de setembro, o pediatra Carlos González estará no auditorio municipal de Cangas dando unha charla sobre As necesidades afectivas de nenas e nenos.  Será ás 18.30 h. e haberá servizo de gardería a cargo da escola Caracol, nunha sala do auditorio cercana ao salón de actos. As prazas da gardería son limitadas, polo que é preciso reservar mediante correo electrónico (asociacionlactanciachuchamel@gmail.com), indicando nome e idades.

O Dr. Carlos González, estará ao día seguinte (29/09/2011) no auditorio de Goian (Tomiño), ás 18:00 horas, para falar sobre Por que non comen os nenos. Haberá tamén servizo de gardería.

15 sept. 2011

Xuntanza hoxe en Compostela

Como cada xoves, esta tarde xuntarémonos en Compostela no horario habitual (17:30-21:00). En vista do bo tempo verémonos unha vez máis nas hortas do parque de Belvís, xa sabedes, na parte máis achegada ao parque infantil, subindo por detrás do aparcadoiro municipal (mellor explicado nestoutra entrada).

12 sept. 2011

Xornadas de Saúde Perinatal

Estas xornadas pretenden ser un punto de encontro para profesionais e organizacións que teñen en común o interese por mellorar a saúde perinatal.
Ligazón http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=50064