16 sept. 2011

Invitación de Chuchamel


A asociación Chuchamel informa de que o mércores 28 de setembro, o pediatra Carlos González estará no auditorio municipal de Cangas dando unha charla sobre As necesidades afectivas de nenas e nenos.  Será ás 18.30 h. e haberá servizo de gardería a cargo da escola Caracol, nunha sala do auditorio cercana ao salón de actos. As prazas da gardería son limitadas, polo que é preciso reservar mediante correo electrónico (asociacionlactanciachuchamel@gmail.com), indicando nome e idades.

O Dr. Carlos González, estará ao día seguinte (29/09/2011) no auditorio de Goian (Tomiño), ás 18:00 horas, para falar sobre Por que non comen os nenos. Haberá tamén servizo de gardería.

No hay comentarios: