5 sept. 2013

Xa que o tempo non acompaña, retomamos as reunións de Mámoa na Trisca (Corredoira das Fraguas, 92). Como sempre, os xoves pola tarde a partir das 17h30 e ata as 20h. Para calquera dúbida, deixo o telf de contacto de Bibi 637 894050.

3 jul. 2013

Chegou o verán

... e con él, as tan esperadas reunións no parque!. Así que a partir da vindeira semana (xoves 4 de xullo) as reunións pasarán a ser no parque de Belvís, ao lado das hortas do lado de arriba, as que están detrás do aparcadoiro municipal. Xa sabedes que se chove ou volve o frio, imos á Trisca.

En caso de dúbida, chamádenos.
bjs e bó verán!

13 feb. 2013

Asemblea Xeral de Mámoa

O vindeiro sábado 23 de febreiro celebraremos a Asemblea xeral de Mámoa. Será ás 10:30 en primeira convocatoria e ás 11h en segunda convocatoria, o lugar e no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.  Xa sabedes que todas sodes moi benvidas, e as vosas fillas e fillos tamén. Se tendes ganas de traballar, ainda que sexa só un chisquiño, é o momento de organizármonos, e aínda que non teñades nada de nada de tempo, a vosa oppinión é indispensable para que Mámoa siga adiante, lembrade que Mámoa SODES, SOMOS TODAS!!!  En resumo, que vos animedes a vir!!


A Orde do día será a seguinte:

1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Informe de actividades:
                      - Mámoa Pontevedra
                      - Mámoa Santiago
                      - Mámoa Vilargarcía
3. Informe de Tesourería.
4. Socias e cuotas.
5. Organización do Traballo: 
         - Reunións de nais
         - Comisión Económica
         - Comisión para revisión e reforma de estatutos
         - Outras?
6. Proxectos e actividades para o 2013:
          - Formación para nais e monitoras
          - Internet: blogue e redes sociais
          - Hospital Clínico: cultivos. Reunión con Macía.
          - SMLM
7. Asuntos varios.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE MÁMOA
SÁBADO 23 DE FEBREIRO DE 2013, ás 12 en primeira convocatoria e ás 12:30 en segunda
CSC do Castiñeiriño, Santiago de Compostela
Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Renovación de cargos da Xunta Directiva.

25 ene. 2013



Recomendacións:

* Iniciar precozmente a lactación: despois do parto, no momento en que a nai e o bebé estean preparados.

* Dar o peito sempre que o bebé demándeo, sen horarios estritos:?Canto máis lle deas, máis leite terás?.

* Os chupetes e as tetinas dificultan a aprendizaxe. Recoméndase non utilizalos ata que a lactación estea ben instaurada.

* Recoméndase a lactación materna exclusiva ata os 6 meses e continuar dando o peito con outros alimentos ata os 2 anos ou máis (Organización Mundial da Saúde).

* Non é necesario dar dos dous peitos en cada toma.

* A ducha diaria é suficiente para manter a hixiene dos peitos.

* Non é necesario que a nai cambie a forma para comer, pode ter máis fame ou máis sede.