13 feb. 2013

Asemblea Xeral de Mámoa

O vindeiro sábado 23 de febreiro celebraremos a Asemblea xeral de Mámoa. Será ás 10:30 en primeira convocatoria e ás 11h en segunda convocatoria, o lugar e no Centro Sociocultural do Castiñeiriño.  Xa sabedes que todas sodes moi benvidas, e as vosas fillas e fillos tamén. Se tendes ganas de traballar, ainda que sexa só un chisquiño, é o momento de organizármonos, e aínda que non teñades nada de nada de tempo, a vosa oppinión é indispensable para que Mámoa siga adiante, lembrade que Mámoa SODES, SOMOS TODAS!!!  En resumo, que vos animedes a vir!!


A Orde do día será a seguinte:

1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Informe de actividades:
                      - Mámoa Pontevedra
                      - Mámoa Santiago
                      - Mámoa Vilargarcía
3. Informe de Tesourería.
4. Socias e cuotas.
5. Organización do Traballo: 
         - Reunións de nais
         - Comisión Económica
         - Comisión para revisión e reforma de estatutos
         - Outras?
6. Proxectos e actividades para o 2013:
          - Formación para nais e monitoras
          - Internet: blogue e redes sociais
          - Hospital Clínico: cultivos. Reunión con Macía.
          - SMLM
7. Asuntos varios.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DE MÁMOA
SÁBADO 23 DE FEBREIRO DE 2013, ás 12 en primeira convocatoria e ás 12:30 en segunda
CSC do Castiñeiriño, Santiago de Compostela
Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2. Renovación de cargos da Xunta Directiva.

No hay comentarios: